Hoxe que se aprobará a reforma laboral, para seguir afogando ao pobo, recurtando direitos e benfeiciando somentes ao capital, lembrar que hai un xeito de sair da crise sen recurtar servizos nen direitos, pero non lles interesa. Que non vos enganen!! Non gobernan para o pobo, gobernan para o capital, a igrexa e os mercados!! Rebélate!!! Estas son as miñas propostas para saír da crise sen recortar servizos. Haberá alguén que se atreva a defendelas ou aplicalas?
1./ Rebaixar o salario dos políticos e os cargos políticos ao Salario Mínimo Interprofesional. Se un traballador pode vivir perfectamente co SMI, eles tamén.
2./ Erradicación dos plans de pensións pagados con cartos públicos. Todos cotizamos a seguridade social cos nosos cartos, non temos porque pagarlles unha xubilación extra a maiores.
3./ Obriga para todos de cotizar os mesmos anos para poder cobrar. Se todos temos os mesmos dereitos e obrigas, os deputados tamén.
4./ Abolición dos salarios vitalicios. Se deixas de traballar, deixas de cobrar, como todos.
5./ Control minucioso das dietas, gasto de representación e demais.
6./ Abolición das ETT, xa temos unha oficina de emprego, non precisamos de mediadores privados que lle rouben os cartos aos traballadores.
7./ Supresión dás Deputacións.
8./ O Senado ou se reforma ou se suprime. Non precisamos dun cemiterio de elefantes para políticos
9./ Abolición do Concordato. Non hai que dar cartos públicos á igrexa católica nen a ningunha outra relixión.
10./ Cobro de impostos á Igrexa católica. Somos un estado laico e igualitario, logo nada de privilexios.
11./ Responsabilidades penais para os políticos e banqueiros. O que a faga que a pague.
12./ Nacionalización da Banca.
13./ As axudas para as empresas que o necesiten e que xeren postos de traballo no estado. E penalización a aquelas que empreguen man de obra infantil, man de obra barata en países do terceiro mundo.
14./ Legalización da prostitución. Non só aumentaría o número de afiliados na seguridade social, se non que se remataría coas mafias, a explotación e terían unhas condicións dignas.
15./ Legalización das drogas brandas. Acabaríanse coas mafias do narcotráfico, regularíase a calidade dos produtos e o estado recadaría cartos polos impostos ao igual que fai co tabaco e o alcol.
16./ Os cartos públicos para os servizos públicos. Escola pública e sanidade pública deben recibir os cartos públicos. Revogación dos concertos coas escolas privadas e a sanidade privada.
17./ Eliminar as desgravacións por uso de servizos privados cando hai servizos públicos de balde.
18./ Rebaixa do IVE e o IRPF. Aumentando o poder adquisitivo da xente e o xeito de xerar crecemento, rebaixalo é afondar máis na crise.
19./ Cualificar de delito grave e penal a especulación coas vivendas. Isto xa o di a Constitución que tanto defenden, pero parece que se lles esquece.
20./ Eliminación da monarquía. Isto non precisa máis explicación